Medio millar de alumnos viaxan ao arquipélago vigués co programa educativo "Planeta Cíes"

Información
Vigo | 26 Mayo 2019 | 5005 votos | Correo electrónico | Imprimir

O alumnado participa hoxe xoves desta viaxe educativa ao arquipélago vigués logo de tres meses de estudo nas aulas sobre as illas Cíes. Esta actividade pertence ao programa educativo "Planeta Cíes", iniciado en xaneiro deste ano no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade das "illas dos deuses", como tamén son coñecidas.

Como parte desta iniciativa, en próximas semanas celebrarase un acto público no que se darán a coñecer todos os proxectos de apoio á candidatura das Cíes elaborados por cada un dos trece centros que participan no "Planeta Cíes".

social youtube xornalgalicia   feed-image