UN DEREITO MALTRATADO, UNHA PERSOA MAGOADA

Información
Localidades de Galicia | 21 Febrero 2022 | 1189 votos | Correo electrónico | Imprimir

Hai tres semanas, un home de noventa anos residente na cidade de A Coruña coa sua vida restrinxida ao domicilio, afectado por diferentes enfermidades causantes de elevado sufrimento e de dependencia para realizar as actividades básicas, solicitou a prestación de axuda médica para morrer conforme ao previsto na Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia ante o coordinador do seu Centro de Saúde e posteriormente ante a sua médica de familia, que a asinou xunto coa sua dona.

 

Catro días mais tarde, ante a falla de resposta á sua solicitude, presentou reclamación coa axuda da sua dona ante o Xerente da Area Sanitaria da Coruña.

Despois de diversos contactos telefónicos dende a Xerencia, entre os que se incluiu algún comentario improcedente nestas circunstancias, e de diversas promesas  de próxima visita ao paciente pola médica que iba ser designada como responsable do proceso, por fín o pasado día quince a médica responsable (profesional descoñecida para o paciente) acudiu ao domicilio, recolleu a confirmación da vontade do paciente, preguntou polo procedemento que elexía, e comprometeu visita en quince días. Non se proporcionou informe escrito sobre o seu proceso médico, prognóstico,alternativas terapéuticas,coidados paliativos e prestacions a dependencia ,  quedando así sin contido  o proceso deliberativo previsto na norma.

Mentras tanto fóronse producindo diversas intervencións confusas, con visitas a domicilio de profesionais que non se identificaron,  con comentarios inadecuados diante do paciente, e  mesmo se chegou a plantexar a suspensión da atención domiciliaria médica e de enfermería.

A persoa da que estamos a falar ten rexistrado o seu testamento vital, e tamén ten recentemente recoñecida por especialistas do propio do SERGAS a sua plena capacidade de decisión.

Falla de dirección, imprevisión, descoordinación, confusión, intervencións impropias, inadecuadas, e desconsideradas co estado da persoa e da sua familia, lentitude na resposta, burocracia.  En síntesis: maltrato da persoa en condición de final de vida e tratamento inaceptable dun dereito fundamental por quen está mais obrigado que ninguén a protexelo.

Esta situación, cos seus graves efectos humanos, non é casual.  Ven precedida dunha modificación, sin xustificación,o pasado 30 de decembro do Protocolo sobre o Procedemento para a Realización da Prestación da Axuda para Morrer da Consellería de Sanidade, no que se dí que “A unidade encargada da xestion da prestacion asignará un/ha medico/a responsable no menor prazo posible”, cambiando así  o previsto nas anteriores edicions  do protocolo de datas de 23 de xuño e  16 de setembro de 2021, nos que se expresaba que ante solicitude de eutanasia  “A unidade encargada da xestion da prestacion asignará un/ha médico/a responsable no prazo maximo de dous dias naturais” (acorde co espírito e letra da Lei, que remarca e protexe así a urxencia da resposta á persoa solicitante, e impide, fixando a duración do plazo, a arbitrariedade do gobernante na satisfacción dun dereito).

Pero tamén contribuie  a que ocurra o antes relatado a inexistencia de accións de difusión e formación dirixida aos profesionais do SERGAS sobre o novo dereito e a nova prestación incluida na carteira de servicios do Sistema Nacional de Saúde, xunto coa resistencia a incluir expresamente no impreso de uso no SERGAS para recoller o testamento vital a opción da eutanasia (no caso de perda de capacidade da persoa e de chegar a atoparse esta nun dos supostos previstos na Lei). E anque ámbalas duas cuestións foron reclamadas xa hai mais de tres meses ao Conselleiro de Sanidade por esta asociación (DMDG), aínda non se ten resposta.

A actitude pasivamente obstruccionista da Xunta á implantación e desenvolvemento do dereito á prestación da eutanasia non é un problema político abstracto, e tampouco menor,  xa que é causante de sufrimento directo e inútil en persoas concretas, que se atopan en condición de grave vulnerabilidade,  e ás que se somete á incertidume, soedade, confusión, esperas , e esixencias burocráticas inaceptables,  nun estado de fraxilidade como o que debe supoñerselle, e ante unha cuestión (petición de axuda para morrer) que en calqueira persoa moviliza actitudes e sentimentos compasivos.

Ante solicitude de eutanasia a Xunta de Galicia debe respostar de inmediato, iniciando o proceso asistencial en menos de dous días (conforme prevé a Lei), e durante o mesmo debe intensificarse o coidado da persoa e da sua familia considerando a gravidade humana da situación e a presenza de dor, sufrimento e condicións de vida referidas como insoportables ou indignas por quen as padece.

Pero para que eso poida ocurrir todos os nosos gobernantes deben comprometerse co respeto ás decisións autónomas e libres das persoas e co cumplimento estricto da Lei Orgánica Reguladora da Eutanasia. E, desgraciadamente, na nosa terra  estamos aínda lonxe deso. É por iso que DMDG mantén en seguimento a aplicación da Lei, e proporciona orientación e información a quen o necesite.

En Santiago a 21 de febreiro de 2022

ASOCIACIÓN DEREITO A MORRER DIGNAMENTE GALICIA (DMDG)

social youtube xornalgalicia   feed-image