Veñen de denunciar á empresa da mina da Penouta, Strategic Minerals, pola contaminación persistente con metais pesados das masas de auga próximas á explotación mineira

Información
Localidades de Galicia | 04 Enero 2022 | 905 votos | Correo electrónico | Imprimir
  • img 1 medio ambiente penoutaEcoloxistas en Acción denuncia ante a Confederación Hidrográfica do Miño Sil a grave contaminación de masas de augas superficiais como consecuencia das emisións de substancias perigosas e perigosas prioritarias procedentes da mina da Penouta, no concello de Viana do Bolo, Ourense.
  • A organización ecoloxista advirte que a maior parte do entorno da mina atópase dentro do espazo natural Rede Natura Pena Trevinca e a contaminación con metais pesados está afectando gravemente á ZEC Pena Trevinca (ES1130007) e á ZEPA Pena Trevinca (ES0000437).

Ecoloxistas en Acción ven de denunciar á empresa da mina da Penouta, Strategic Minerals, pola contaminación persistente con metais pesados das masas de auga próximas á explotación mineira.  A organización cecoloxista alerta que, segundo informes en poder das Administracións, as masas de auga  de Treita de Cortiñas, Rego de Valdafranca e Rego dos Corvos, en Rede Natura 2000, superaran en varias ordes de magnitude os valores máximos permitidos para arsénico, mercurio, cadmio e chumbo, evidenciando o estado de contaminación grave por metais pesados actual e a ausencia de calquera previsión de tratamento para impedir a continuidade desta situación, que pretende “normalizarse” considerando estes niveis ilegais como “niveis de referencia”, engano que tamén se tentara nas minas de Touro e San Finx.

No Estudo de “Determinación de los Niveles de Referencia” presentado pola propia empresa mineira evidénciase que os valores máximos detectados son verdadeiramente alarmantes, e moito máis elevados que os xa ilegais “niveis de referencia” propostos. Así, no rego da Treita de Cortiñas, o arsénico alcanza os 128 µg/L, o cadmio os 50 µg/L, o mercurio os 1,15 µg/L, chumbo 50 µg/L e o cinc 1363 µg/L; mentres que no rego da Valdafranca, os valores de arsénico chegan a alcanzar os 283 µg/L e os de mercurio 0,30 µg/L. Todas estas concentracións son varias ordes de magnitude por riba dos limiares que marca a Normativa de Calidade Ambiental.


A mina da Penouta no concello de Viana do Bolo, sinalan desde a organización ecoloxista, é un gran foco de contaminación con metais pesados das masas de auga circundantes (situadas en Rede Natura 2000), tanto polas características xeoquímicas do xacemento como polo incumprimento por parte das sucesivas concesionarias e da administración das súas obrigas en materia de restauración do espazo afectado por actividades mineiras. A situación de contaminación elevada na contorna da explotación mineira que agora pretende ampliarse é sobradamente coñecida pola administración.

Ante o grave deterioro ambiental da zona e a irresponsable actuación da administración autonómica, Ecoloxistas en Acción insta á Confederación Hidrográfica do Miño Sil a que proceda a determinar o alcance  da contaminación das masas de augas superficies como consecuencia das emisións de substancias perigosas e perigosas prioritarias procedentes da mina da Penouta.

Ademais solicitan que a Confederación incoe un expediente sancionador, dirima a responsabilidade medioambiental da empresa concesionaria e impoña as medidas preventivas necesarias para impedir a continuidade dos vertidos contaminantes.

social youtube xornalgalicia   feed-image