PAULA OTERO NO EUROPEO JUNIOR DE NATACIÓN

Información
Noticia destacada | 03 Julio 2021 | 2542 votos | Correo electrónico | Imprimir

Paula Otero no Europeo

A gran promesa da natación galega, Paula Otero Fernández comeza a semana que ven o seu periplo de Campionatos de Europa. Está convocada para participar no Europeo junior en piscina, en Roma, e para o Europeo junior de Augas Abertas en París a finais de xullo.

 

Viaxou a Madrid para participar na concentración previa con toda a selección española e o equipo técnico, e sae o domingo para Roma, xa que a competición será dende o martes 6 ata o domingo 11. Constará de eliminatorias, semifinais e finais, así que será un evento de enorme intensidade. Paula está convocada para participar en catro probas, 200, 400, 800 e 1500 libre, ademáis de formar parte de algún equipo de remudas.

Esta nadadora do Club Natación Arteixo, leva unha tempada de grandes éxitos, está en boa posición nas listas de saída, aínda que o máis importante desta extraña tempada, na que tivemos que pasar tantas barreiras, é ter chegado ata aqui, acadar estas mínimas, non baixar nunca o seu nivel de adestramento e de marcas. En definitiva, acude a este campionato con moi boa nota, esperemos que o disfrute e que compita dando o seu 100%.

social youtube xornalgalicia   feed-image