Denuncia a presión do Goberno de Feijóo ( PPdeG) á que está sendo sometido o persoal sanitario das urxencias sanitarias

Información
Galicia | 08 Diciembre 2018 | 3917 votos | Correo electrónico | Imprimir

18 11 2720PechePACvigo04

En Vigo son obrigados a padecer xornadas abusivas con quendas de 17 horas ou máis. Na área sanitaria de Vigo advirten que se está a volver “insostíbel”, xa que están intentando solucionar a necesidade de persoal médico co aumento de horas ao persoal, “eliminando permisos, vivindo coa incerteza de como e cando van ter que ir traballar ou se novamente terán que prolongar porque non hai ninguén que cubra a seguinte quenda de traballo”, todo iso repercute na atención aos doentes que se ven afectados na sua propia saude polas largas horas de espera, en algúns caso morrendo na sala de espera como sucedeu no PAC da Estrada do que a día de hoxe ninguen asumiu responsabilidades na Consellería de Sanidad nen no Sergas.. Falece no PAC da Estrada sen asistencia médica onde a única facultativa saíra a atender unha urxencia domiciliaria, viviendose momentos de tensión e impotencia pola morte de José Manuel Brey Brea no centro do SERGAS, sen que houbese asistencia médica para socorrelo logo de máis de 50 anos cotizando á Seguridade Social "Morreu afogado polo seu propio vómito" di un familiar que lle acompañaba, testemuñas presenciales aseguran que a falta de efectivos médicos no PAC produciuse desde ao redor das cinco da tarde ata case as 19.30 horas.. A día de hoxe ninguen asumiu a responsabilidade do presunto homicidio imprudente por falta de atención médica xestionada polo Sergas baixo as mans do PPdeG..

O comité de folga dos PAC, que desenvolve paros de 24 horas todos os martes, venres e domingos até o 17 de decembro para reclamar melloras na atención ao usuario/a e nas súas condicións laborais, vén de denunciar a presión á que está sendo sometido o persoal sanitario por parte da Xerencia da EOXI de Vigo mediante o axuste de calendarios con xornadas abusivas e continuadas no tempo, “algunhas delas con tan só 12 horas de descanso entre quendas de 17 horas ou máis”.
Segundo explican, estas xornadas impostas imposibilitan a conciliación laboral por parte das persoas que son obrigadas a asumir estes novos calendarios, tendo que traballar en días que libraban por calendario. “Isto é aínda máis grave tendo en conta as datas nas que estamos, nas que os fillos/as teñen vacacións e hai persoal que non pode planificar as festas familiares porque non sabe se terá que traballar no último momento”, sinalan.

Consideran que a OPE do ano que vén é insuficiente, xa que contempla 54 prazas de persoal médico para toda Galiza cando só en Vigo se xubilan 35

Ao mesmo tempo, consideran que a necesidade de persoal sanitario, nomeadamente persoal médico, contrasta coas “ridículas” prazas que se sacan para a Oferta Pública de Emprego (OPE) do vindeiro ano. Por exemplo, a convocatoria será de 54 prazas en total para toda Galiza, cando só en Vigo se van xubilar 35 médicos/as de familia, “polo que resulta obvio que unha vez máis será insuficiente, sobre todo cando levamos con saldo negativo desde que se impuxo a taxa de reposición”. Por iso aseguran que “isto non é unha OPE, é outra tomadura de pelo”.

Situación insostíbel en Vigo

Con respecto á situación concreta da área sanitaria de Vigo advirten que se está a volver “insostíbel”, xa que están intentando solucionar a necesidade de persoal médico co aumento de horas ao persoal do PAC, “eliminando permisos, vivindo coa incerteza de como e cando van ter que ir traballar ou se novamente terán que prolongar porque non hai ninguén que cubra a seguinte quenda de traballo”.

Imagen de la noticia para paciente morre na sala de espera de urgencias na estrada de La Voz de Galicia

Un sexagenario fallece en el PAC de A Estrada sin asistencia médica

La Voz de Galicia-5 ago. 2018
El PAC de A Estrada registró la tarde del sábado momentos de tensión e impotencia por ... Fueron testigos del suceso numerosos pacientes, que relatan la falta de personal ... Morreu afogado sen asistencia médica». ... en el exterior de Urgencias ante la aglomeración de personas en la sala de espera en ...
 
Ver mais notvas sobre falta de atención médica na estrada; https://www.google.es/search?q=paciente+morre+na+sala+de+espera+de+urgencias+na+estrada
 

Tamén fan fincapé en que persoal de consultas de Atención Primaria non está moito mellor: listas de agarda interminábeis, un número de doentes que nalgunha ocasión ten superado os 70, asunción de doentes doutros cupos por ausencias previstas e non cubertas, etc.

“A última idea desta Xerencia é que os e as residentes de familia de cuarto ano fagan traballo como adxuntos/as nalgún PAC para paliar a inoperancia dos servizos de recursos humanos, solución que rexeita este colectivo que está a rematar a súa formación. Esta é a forma que teñen de convencelos/as para que se queden a traballar nesta área”, censuran.

social youtube xornalgalicia   feed-image