Gómez Reino: “Feijóo emprega ás institucións públicas para premiar a exaltos cargos do PP e empregalas para servir aos seus intereses partidistas”

Información
Galicia | 19 Noviembre 2020 | 2327 votos | Correo electrónico | Imprimir

Sr Presidente del Puerto de A Coruña ¡ es Usted un cobarde ! nos amenaza  con acciones legales sumándose al acoso de Mar Sánchez Sierra y depués  recula en sus amenazas. - Xornal GaliciaGalicia en Común advertiu hoxe que estará atenta e vixiante á xestión e aos movementos que se produzan nos portos de Vigo e na Coruña, logo de que transcendera que a Xunta de Alberto Núñez Feijóo vai relevar aos presidentes das principais radas do país para situar no seu lugar a dúas personas moi próximas ao mandatario galego como o exconselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e o concelleiro popular Martín Fernández Prado. 

 

“Feijóo está a empregar institucións públicas que son chaves no desenvolvemento do país como contrapartida e recompensa para premiar a lealdade de exaltos cargos do Partido Popular sen disimulo, maniobras para favorecer que os portos da Coruña e Vigo se presten a fins partidistas en detrimento do público e do común”. sinalou hoxe o deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino.  

“Seguiremos moi de preto os movementos nestas dúas radas para velar polo interese colectivo como xa fixemos na Coruña preservando o peiraro de San Diego e da Solana da brutal privatización que pretenderon a Xunta de Feijóo e o anterior Goberno do PP”, afirmou o deputado coruñés. 

Sr Presidente del Puerto de A Coruña ¡ es Usted un cobarde ! nos amenaza  con acciones legales sumándose al acoso de Mar Sánchez Sierra y depués  recula en sus amenazas. -

 

Sr Presidente del Puerto de A Coruña ¡ es Usted un cobarde ! nos amenaza con acciones legales sumándose al acoso de Mar Sánchez Sierra y depués recula en sus amenazas...+

Vázquez Almuíña aterra no porto de Vigo para relevar a outro clásico do PP galego, o exconselleiro de Pesca, Enrique López Veiga logo do cinco anos moi cuestionados á fronte do porto vigués e rodeado de continuas polémicas. “Agardamos que o ansiado relevo de Veiga. que fixo de lobbista de intereses particulares fronte á cidade, abra unha fiestra de oportunidade na defensa decidida da industria naval nos peiraos de Vigo e, sen dúbida, para desbotar definitivamente os recheos planificados na ría”, apuntou Gómez Reino. 

Jesús Vázquez Almuíña que se ocupo da cuestionada Consellería de Sanidade na primera vaga da pandemia da Covid.19, quedara fóra da remodelación do Consello da Xunta tras os comicios do 12 de xullo. Co seu nomeamento, Núñez Feijóo, premia agora a súa lealdade logo de sacrificalo na remodelación do Goberno polo despropósito na xestión sanitaria, nomeadamente nas residencias de maiores. 

Por outra banda e ao tempo, Feijóo senta na presidencia do Porto da Coruña a Martín Fernández Prado, concelleiro popular na Coruña e parlamentario do PPdeG para substituir a Enrique Losada, logo dunha década marcada por sucesivas controversias no intento de privatizar terreos públicos e portuarios. 

Martín Fernández, arquitecto e profesor de Urbanismo na UDC, xa ocupara a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta precisamente na etapa na que asinaron os acordos que abriron a porta a venda de terreos portuarios e foi quen propiciou o “cambiazo”, esto é o cambio no PXOM da Coruña, que posibilitada a privatización da Solaina.“A elección destes dous perfís, tanto o de Almuíña como o de Fernández Prado, dan para supoñer, cando menos, que o Goberno galego de Feijóo ten en perspectiva movementos urbanísticos que se viron frustados na etapa anterior. Non cederemos un metro de chan público dos peiraos para á especulación dos amigos das privatizacións e preservaremos a protección do dominio público ”, conclúe Gómez Reino.

social youtube xornalgalicia   feed-image