CONCENTRACIÓN 1 DE XULLO ÁS 12:30 contra ABANCA: COMISIÓNS ABUSIVAS AIMPOSTYA SPOTR OS ACORDOS DE FEIJÓO

Información
Agenda de Galicia | 29 Junio 2020 | 3698 votos | Correo electrónico | Imprimir
Feijóo promociona seguros de vida como Presidente da Xunta ao ...A partires do 1 de xuño deste ano, ABANCA (esa Caixa de Aforros galega que o señor Feijóo agasallou a Escotet) cobrou á clientela comisións totalmente abusivas.

Na súa famosa conta chamada “0 Comisiones” (e por ende no resto de contas) están a cobrar 50€ semestrais en conceptos de mantemento e de administración. E a quen se lle aplican estas comisións?
Pois unha vez máis, esta banca miserable, carga estes conceptos contra as contas das persoas máis humildes que son as que non cumpren os “requisitos” impostos unilateralmente desde o banco (Ter un saldo determinado na conta, facer pagos coa tarxeta polo menos de 2000€, determinadas domiciliacións,…).

Estamos a falar de que a debandita comisión de 100€ anuais, por ter una conta aberta, váiselle cobrar a pensionistas, xente en ERTE, desempregadas… Esta situación agrávase en moitas localidades do rural galego onde só hai oficinas de Abanca o que supón unha gran indefensión para a xente que vive alí,
que non pode elexir outra entidade, aparte de que xustamente no rural galego a poboación é máis envellecida e fai un menor uso de tarxetas, banca lectrónica, e outros productos bancarios, polo que son víctimas potenciais destas comisións abusivas.
A pesar do esforzo que xa fixemos no seu momento para o rescate da caixa galega, 9.000 millóns de euros que saíron dos nosos petos, seguen esixíndonos máis contribucións económicas.

En toda Galiza a xente está a denunciar estos abusos nas diferentes oficinas sen obter ningunha resposta da entidade.

Diante desta situación un grupo de afectadas e afectados de Santiago de Compostela, ímonos CONCENTRAR o día 1 de Xullo ás 12:30 horas na Oficina Principal de ABANCA, situada na Rúa de Monteros Ríos, Nº 7 (Praza de Galicia)
 
Os principais obxectivos da devandita Concentración son:

1. Mostrar o descontento xeneralizado co cobro destas comisións das nosas contas correntes.

2. Recuperar os cartos que nos están a sustraer de xeito fraudulento.

3. Chamar a atención da necesidade dunha banca pública, transparente e democrática.

Para cumprir estes obxectivos non cesaremos nas nosas actividades, organizándonos e utilizando todos os medios legais posibles para facer xustiza diante dun feito que consideramos inmerecido e cruel.

QUE NOS DEVOLVAN O ROUBADO!!

Afectad@s polas comisións de ABANCA
social youtube xornalgalicia   feed-image