A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, AGDSP ante a publicación e campaña publicitaria achega da apertura dunha sala para o espertar Infantil con 8 camas e 7 sillóns de adaptación ao medio, pon de manifesto a desorganización, falta de planificación e o caótico traslado realizado pola Xerencia do centro logo de 7 meses de traslado e pechadura do Xeral, dado que dita unidade xa existía no H. Xeral cunha sala, con 6 camas contigua aos quirófanos, o que demostra unha vez mais a improvisación do traslado realizado.
Denunciamos que sobre o proxecto construtivo inicial do Novo Hospital de Vigo, suprimíronse 8 salas de quirófano para Cirurxía Maior Ambulatoria (CMA), que na actualidade vanse a detraer dos quirófanos de adultos, tan só 18 para todas as cirurxiás, cando estaban planificados, 22 quirófanos no bloque xeral, 8 para a CMA, 2 quirófanos obstétricos e 1 para FIV (Fecundación in vitro).
Como consecuencia de todo isto, pódense apreciar as longas listas de espera de pacientes pendentes de intervir, as máis longas de toda Galicia, con mais de 20 mil pacientes, así como a longa lista de derivacións aos centros privados, o pago por pacientes derivados a Fátima e hospital Domínguez de Pontevedra no ano 2015, que representou un custo de 9,5 millóns de euros ás arcas públicas que se detraen do gasto sanitario do área.
A AGDSP, esixe a reversión e rescate da concesión do NHV para o SERGAS, para poder realizar unha correcta planificación dos recursos sanitarios da maior área sanitaria de Galicia
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública