Pontevedra

O cociñeiro do grupo Nove, Pepe Solla foi presentado esta mañá como o pregoeiro das festas da Peregrina 2020. A concelleira de Festas e Dinamización Sociocultural, Carme da Silva, presentouno como “a persoa perfecta para facer o pregón dunhas festas que como todos e todas sabemos van quedar na nosa memoria por moitísimos anos”. Pola súa banda, Pepe Solla asegurou que ser a persoa elixida “é unha das cousas máis bonitas que che poden pasar, que os teus veciños, que a xente que te rodea conte contigo é unha honra e estou encantado”.

  • O Goberno municipal agarda que a dilación sexa o máis curta posible “e se aproveite para reconducir tamén outras deficiencias”

Tras coñecerse a noticia de que a Xunta de Galicia decidiu realizar unha nova licitación das obras do Hospital Montecelo, desde o Goberno municipal o concelleiro de Ordenación do Territorio e Mobilidade, César Mosquera lamenta a dilación que supón para o proxecto e para os intereses da veciñanza de Pontevedra, e manifesta que “nunca nos alegramos de que unha Administración cometa erros que supoñan o retraso na execución dun proxecto e menos no caso dunha infraestrutura tan sensible como é o Hospital Montecelo”. Neste sentido, asegurou que espera que esta nova licitación “sexa só un pequeno retraso e se aproveite para reconducir tamén outras deficiencias”, en referencia a que no proxecto do Hospital Gran Montecelo “hai cantidade de cousas que non responden aos parámetros de Pontevedra, como por exemplo a urbanización, e outras  que deixan moito que desexar como as expropiacións ou os estacionamentos”.


El RC Celta empató este sábado ante el Real Betis en un partido en el que los celestes fueron en ventaja durante buena parte del mismo. Un tanto verdiblanco en el tramo final igualó el inicial de Nolito. El equipo celeste se aleja un punto de la zona de descenso.

Oficina de empleo (Paro / INEM / SEPE) BAIONA (PONTEVEDRA)Esta mañá, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba mantivo unha reunión coa Directora Provincial do SEPE en Pontevedra, Marta Estrada, para avaliar a situación actual das tramitacións correspondentes ás diferentes axudas e prestacións que se puxeron en marcha por parte do Goberno de España por mor da Covid-19.

Viñas con mildio

Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que volve constatar o avance do mildio nas viñas a pesar dos tratamentos contra o patóxeno que están a realizar as persoas viticultoras, polo que insiste en que as revisións continuas ao viñedo son imprescindibles e recomenda que, en caso de que sigan a aparecer novas manchas, novos síntomas en pampo ou en acios, ou se detecte o avance nos síntomas anteriores, se renoven os tratamentos.

  • Miguel Anxo Fernández Lores visita as instalacións de San Francisco acompañado polo seu responsable, o Pai Gonzalo, a concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, e o cociñeiro Pepe Solla

Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que constata que na última semana e cos tratamentos aplicados nas viñas polas persoas viticultoras, freouse o avance do mildio. Así, na revisión das viñas do seu percorrido, o persoal da EFA comprobou que tralas aplicacións realizadas a situación maioritaria é que non había manchas novas, que as detectadas anteriormente estaban secas e sen frutificación e/ou zonas de avance e tamén que nos casos onde había algún acio algo afectado, os síntomas non avanzaron. Aínda así, as previsións meteorolóxicas dos próximos días anuncian que continuará a inestabilidade atmosférica e, a pesares de que o risco pode ser menor que nas últimas semanas porque se anuncia unha baixada das temperaturas mínimas, segue a ser alto, polo que Areeiro insiste en que a vixilancia das viñas debe ser máxima, co fin de renovar os tratamentos se hai síntomas novos ou frutificación ou zonas de avance nos antigos.

  • A concelleira de Igualdade e Benestar, Paloma Castro, avanza que a presentación da peza literaria gañadora farase “coincidindo coa celebración do Día do Orgullo LGTBI, o 28 de xuño”

Un total de vintecatro obras aspiran a facerse co I Premio Literario Pinto e Maragota, organizado pola Concellería de Igualdade de Pontevedra en colaboración coa editorial Edicións Xerais para visibilizar, reivindicar e dignificar a diversidade sexual e de xénero. A responsable do departamento municipal, Paloma Castro, avanza que a peza literaria gañadora do galardón darase a coñecer “nunha data arredor do 28 de xuño, coincidindo coa celebración do Día do Orgullo LGTBI”.

  • Siendo un país rico, Galicia vive en la pobreza generalizada bajo ...

As principais entidades e organizacións sociais de Pontevedra transmitíronlle á concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, a súa preocupación ante o incremento das situacións de necesidade que trouxo consigo a crise sanitaria da Covid-19, en especial no que atinxe á demanda de alimentos. Por este motivo, o departamento municipal estase a coordinar cos colectivos de cara a deseñar un plan de resposta que se sincronice coas demandas que xurdan nas diferentes fases da desescalada.