O test PCR suxire un falso positivo do alcalde en covid tralas probas serolóxicas

Información
Pontevedra | 20 Septiembre 2020 | 7501 votos | Correo electrónico | Imprimir
O test de PCR feito ao alcalde, Alberto Varela, suxire un falso positivo nas probas serolóxicas feitas dous días antes. Con todo, e por precaución, o rexedor permanecerá 48 horas confinado e sen axenda á espera de realizar un novo test de PCR que confirme definitivamente que non ten Covid. Alberto Varela, que se atopa perfectamente de saúde e sen ningún tipo de síntoma de enfermidade, foi unha das persoas que conforman o plantel de traballadores municipal que deu positivo nas probas serolóxicas que comenzaron a realizarse esta semana. Seguindo o mesmo protocolo, tanto os traballadores que deron positivo nas probas serolóxicas como aqueles que estiveron en contacto con eles están realizando test PCR para confirmar ou rexeitar os contaxios de Covid.
18.09.2020. Mentres tanto, e polo mesmo principio de prudencia, os servizos municipais estarán pechados á atención ao público, o cal non significa que a administración estea parada posto que existen outros medios de relacionarse con ela, como a sede electrónica. En principio, o peche das dependencias municipais manterase ata o luns, pero en función dos resultados das PCRs está decisión podería manterse ou axustarse.

Todos os grupos da oposición están informados dende o primeiro momento da situación e todos os seus membros realizarán as probas de control, como parte da corporación que son.
social youtube xornalgalicia   feed-image