![]() A actividade tería unha modalidade competitiva federada, a través da Federación Galega de Piragüísmo; unha lúdica, para o público e afeccionados en xeral; e incluso unha modalidade para participantes de colectivos de diversidade funcional, cun traxecto máis curto –partindo da praia do campanario, en Bamio- e que contaría co acompañamento de apoio de padexeiros voluntarios. Unha proposta singular chea de atractivos Os atractivos desta actividade son moitos e diversos, comezando pola propia tradición Xacobea, xa que repite en sentido inverso o traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe cara Compostela. Este traxecto forma parte dun viacrucis sinalado polos numerosos cruceiros existentes entre a illa do Rato e a Malveira Grande e que s epoden admirar durante a navehgación. Ademais, a realización deste descenso a modo de paseo permite gozar de privilexiados paisaxes naturais sen apenas intervención humana, con zonas de marismas intermareais; ricas zonas marisqueiras como os Lombos do Ulla; a frondosa e rica Cortegada, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas; e o nacemento da Ría de Arousa. A maiores, conta cos atractivos artísticos e histórico, co Monumento Nacional das Torres de Catoira, mandadas construír polo Arcebispo Xelmírez no século XII como parte da fortaleza defensiva para protexer Santiago e os restos do Apóstolo das incursións bélicas de escandinavos e sarracenos. O exemplo dinamizador do Descendo do Sella A proposta de Vilagarcía e Catoira inspírase no Descenso do Sella, unha actividade que naceu como proba deportiva e que foi medrando ata converterse nun evento cunha gran compoñente turística que arrastra cada ano ata os municipios de Arriondas, de onde parte, e Ribadesella, onde remata, a milleiros de persoas para participar no descenso oficial. Unha actividade que se consolidou como produto turístico que se oferta durante case todo o ano, fora do que é o evento propiamente dito, e que xera unha importante actividade económica na zona de influenza. No caso do Descenso do Ulla, ademais do atractivo natural do entorno marítimo-fluvial -que o diferenza do Sella que so discorre polo leito do río-, súmanse o monumental, histórico e, especialmente a tradición Xacobea. O proxecto foi presentado aos clubs de piragüísmo As Torres-Romería Vikinga, de Catoira e Depornautic de Vilagarcía, así como á Federación Galega de Piragüísmo, entidades que acolleron con entusiasmo a iniciativa e que se integrarían na organización da mesma. Na espera da resolución das axudas A concellería de Turismo que dirixe Álvaro Carou xa remitiu á Axencia de Turismo de Galicia a memoria descritiva e xustificativa do proxecto bilateral xunto coa solicitude de subvención. A actividade precisa dun orzamento de 30.000 euros. Os municipios de Vilagarcía e Catoira confían en obter financiamento do organismo autonómico para sacar adiante esta iniciativa no marco do xeodestino “Rías Baixas” no que se situaría e como complemento ás actividades programadas en torno ao Ano Santo Xacobeo. Os promotores destacan o novidoso da iniciativa e o gran potencial co que conta, especialmente dada a proximidade do Xacobeo. |
Pontevedra
Vilagarcía e Catoira concorren ás axudas para xeodestinos cun proxecto de Descenso do Ulla pola Ruta Marítimo Fluvial Xacobea
Vilagarcía e Catoira concorren ás axudas para xeodestinos cun proxecto de Descenso do Ulla pola Ruta Marítimo Fluvial Xacobea
- Información
- Pontevedra | 21 Febrero 2020 | 5517 votos | Correo electrónico | Imprimir
- Detalles
- Categoría: Pontevedra
- Visto: 5517