Tino Fernández traballa na taxa das instalacións deportivas municipais pola súa utilización

Información
Pontevedra | 06 Diciembre 2019 | 4041 votos | Correo electrónico | Imprimir
  • O socialista afirma que a ordenanza vixente quedou obsoleta para dar resposta ás necesidades motivadas “polo incremento de espazos deportivos dos últimos anos, sobre todo de campos de fútbol”

O concelleiro de Deportes, o socialista Tino Fernández, está a traballar na elaboración dun documento normativo que permita optimizar a xestión e o uso das instalacións deportivas de Pontevedra. O edil do PSOE considera que, “coa disolución do Instituto Municipal dos Deportes (IMD) e o notable incremento de infraestruturas deportivas que se produxo durante os últimos anos, sobre todo no que se refire a campos de fútbol, resulta necesario reordenar o actual sistema de administración”, co que, se ben está “relativamente satisfeito”, precisa “dunha renovación para seren máis eficientes e optimiza-lo servizo que se lle presta aos clubes”.

social youtube xornalgalicia   feed-image