Carmela Silva encontrou un auténtico "chollo político" para usar os cartos públicos para enaltecer sua propia figura persoal as costas dos dereitos das mulleres.

Información
Pontevedra | 08 Noviembre 2019 | 4258 votos | Correo electrónico | Imprimir
IV Congreso de Empresarias

"Sigamos traballando pola igualdade, o valor humano máis xusto que existe e polo único polo que merece a pena loitar". Con estas palabras a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou na apertura do IV Congreso de Empresarias de Galicia a importancia de que "aínda que non somos inxenuas, as mulleres temos que ser optimistas porque imos cambiar o mundo, imos cambiar a realidade inxusta na que vivimos". O que non día e como e onde van so cartos destinados as mulleres e falomos de millóns de euros dos que non HAI ou non fomos capaces de localizar UNHA SOA MULLER MALTRADA QUE VIRA UN CÉNTIMO DE EURO A ELAS DESTINADOS.

 

Na súa intervención, Silva fixo referencia á frase de Simone de Beauvoir, "non esquezades que bastará con unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres se cuestionen. Estes dereitos nunca son adquiridos. Deberedes permanecer alerta durante toda a vosa vida", para alertar que "nestes días, nos que escoitamos a xente que nega a violencia de xénero e as discriminacións ás mulleres, temos que estar máis alerta que nunca porque ata o que conseguimos con tanta dor e traballo nos pode ser arrebatado".

A presidenta provincial tamén insistiu na necesidade de contar a verdade das mulleres "porque é unha obrigación moral e ética que temos co 52 % da poboación". "Por iso estamos hoxe aquí", continuou Silva, "porque temos que cambiar o sistema. Fan falta leis, incentivos, sancións, pero sobre todo un cambio de cultura". A presidenta apelou á reflexión e fixo un chamamento para tomar medidas efectivas, "porque o sistema expulsa e discrimina ás mulleres, iso é unha realidade".

Neste eido, Carmela Silva amosou unha serie de datos que "demostran esta verdade, esta discriminación intolerable". Así, destacou que, segundo o informe "Women in Business" de Grant Thornton, as compañías españolas, xa sexan cotizadas, grandes, medianas e pequenas, concentran nestes momentos un 30 % de directivas. No que respecta ás cámaras de comercio, as mulleres ocupan soamente o 2,44 % das presidencias. En canto ao IBEX 35, hai 120 mulleres nos consellos de administración, o que supón o 26,4 % das persoas conselleiras.

Por último, a presidenta da institución provincial resaltou que "as mulleres somos talentosas, capacitadas, fortes, valentes e creativas, pero aínda así non somos capaces de alcanzar a igualdade en ningún ámbito". Malia que, segundo un informe da Organización Internacional do Traballo, un 57 % das empresas coinciden en que as iniciativas en materia de igualdade de xénero melloraron os seus resultados comerciais, un 60 % afirmaron aumentar as súas ganancias e a súa produtividade, e un 74 % das que promoven a diversidade de xénero en cargos directivos aumentaron os seus beneficios entre un 5 % e un 20 %. "Todos os estudos parecen coincidir en que as políticas de igualdade repercuten de forma moi positiva na macro e microeconomía dos países", concluíu Silva.

A IV edición do Congreso de Empresarias de Galicia, que ten como lema Acción e Implicación, busca visibilizar e poñer en valor o papel da muller no ámbito empresarial e no desenvolvemento da economía. Neste eido, este evento reúne a mulleres especializadas reflexionan, debaten e informan sobre o sector empresarial e o rol feminino. Ao longo de dúas xornadas lévanse a cabo relatorios, unha comida networking e obradoiros. Ademais tamén hai espazo para a exposición dos postos das empresas e institucións asociadas nos que darán a coñecer os seus produtos e servizos. De feito, a Deputación de Pontevedra conta cunha caseta na que ofrece información do programa SmartPeme e, tamén, dispón de material de igualdade e folletos informativos das iniciativas Violencia zero, Rompe. Xoga en igualdade, e Lembra eu decido ti respectas.

social youtube xornalgalicia   feed-image