Imprimir

En Terras do Val Miñor desputouse por vez primeira este torneo que tivo a participación de tódolos equipos de fútbol gaélico feminino da Liga Galega.

Información
Galicia | 20 Noviembre 2022 | 1611 votos

Terra de Turonia 1

Así participaron: Auriense Campus da Auga F.G. (Ourense), Fillas de Bregán F.G. (A Coruña), Estrela Vermelha F.G. (Santiago de Compostela), Irmandinhas F.G. (A Estrada), Herdeiras de Dhais F.G (Lalín) e Independente F.G. (Vigo).

Por parte do noso equipo as nosas xogadoras xogaron en dous equipos diferentes ao non chegar ao nº mínimo de xogadoras pra poder competir coma equipo de seu. Así dúas delas cogaron cas anfitrioas Turonia GFG e outras dúas con equipo compostelán de Estrela Vermelha F.G. 

Finalmente o torneo foi para as locais, Turonia GFG, nunha final de infarto contra Estrela Vermelha F.G.
- 2ª Xornada da 2ª División de Liga Galega Masculina de Fútbol Gaélico.
Keltoi Estibadores vs Auriense Campus da Auga F.G.

O pasado sábado 19 de novembro o equipo masculino desplazouse ata Vigo para enfrontarse a Keltoi Estibadores no Campo da ETEA.
Tras unha primeira parte moi igualada onde o marcado tan só reflexaba pro noso conxunto unha vantaxe de 4 puntos, cun resultado de 7 vs 11 as cousas mudarían no segundo tempo.
Onde os nosos xogadore comezaron a distanciarse pouco a pouco e rematando finalmente impoñéndose cun resultado de 19 vs 37.
Anexamos unhas imaxes do noso equipo masculino en Vigo e outra de ámbolos dous equipos tralo partido.
 
A vindeira fin de semana, o sábado 26 de novembro, o equipo Auriense Campus da Auga F.G. , os combinados tanto femininos coma masculinos enfrontaranse aos equipos de Turonia GFG, de Gondomar. Un saúdo e moitas grazas.

--
Auriense Fútbol Gaélico
social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 1611