Galicia en Común pide explicacións ao ADIF e ao Ministerio de Transportes polos dous vagóns volcados ao río Sil, en Valdeorras

Información
Galicia | 04 Agosto 2020 | 2626 votos | Correo electrónico | Imprimir

9ebeea87 de43 4eda 931d 329399659b5bO grupo parlamentario de Galicia en Común vén de poñerse en contacto co ADIF, presidido por Isabel Pardo de Vera, e co Ministerio de Transportes para pedirlles explicacións en relación aos vagóns que o administrador de infraestruturas ferroviarias volcou ao río Sil na tarde de onte.


 Dende Galicia en Común trasladáronselle dúas cuestións que o grupo considera prioritarias e que tanto o ADIF como o Ministerio se comprometeron a levar a cabo á maior brevidade posible. Por unha banda, que se retiren os convois e se repoña ambientalmente a zona, ao contar os vagóns con elementos contaminantes que danan o ecosistema fluvial; e por outro lado, que se abra unha investigación interna e se depuren responsabilidades.  O grupo parlamentario no Congreso manterase vixiante e en permanente comunicación con ambos organismos para que se cumpran os compromisos adquiridos.

social youtube xornalgalicia   feed-image