Desde a plataforma consideramos moi grave o feito de que unha persoa morra sen atención sanitaria pese a demandala, porque non exisir.

Información
Sergas | 19 Agosto 2022 | 933 votos | Correo electrónico | Imprimir
Tras a triste e demoledora noticia da denuncia interposta por un familiar dunha persoa falecida no PAC de Baltar, por negárselle unha ambulancia por parte do 061 ao non presentar un cadro con febre; e como gota que colma o vaso, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo (SOS Sanxenxo), queremos mostrar o noso sentido pésame á familia da falecida, e convocar unha xuntanza o vindeiro luns, 22 para valorar a deriva que está a tomar este desmantelamento contínuo da nosa sanidade e a necesidade de trasladar á rúa a demanda de recuperar a sanidade pública e de calidade que merecemos.

Desde a plataforma consideramos moi grave o feito de que unha persoa morra sen atención sanitaria pese a demandala, porque non exisir. O fatídico día en cuestión, en O Grove, non houbo médico nas 24 horas, de forma que todas xs pacientes de O Grove foron derivadxs ao de Baltar. Preguntámonos se esta morte se houbera evitado de ter habido asistencia normal no Grove, pois é moi probable que esta persoa fora atendida, incluso no seu domicilio, e activado os protocolos correspondentes, cousa que por teléfono e sen unha valoración “in situ” é moi difícil de efectuar. Cando diciamos que os recortes en sanidade matan, por desgraza, non estabamos esaxerando. As contínuas mermas de persoal, peche de PACs e axendas de médicos, tantas veces denunciadas polas distintas asociacións é un caldo de cultivo propicio para que estas desgracias pasen. Só era cuestión de tempo que se traduciran nunha realidade; pois nada se fixo por parte da Consellería de Sanidade, o Sergas e a propia Xerencia da área Pontevedra-O Salnés cara revertir a preocupante situación na que nos encontramos. Así que ususarixs, sanitarixs, e demáis persoas deste concello, en breve, desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo, e co apoio doutras organizacións do tecido sanitario e social, levaremos a cabo distintas accións ás que vos animamos a unirvos.

Por unha sanidade pública e de calidade!!

Consello Constitucional Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo (SOS Sanxenxo)Solicitan a la Xunta el cierre de la UCI de COSAGA en Ourense por presuntas  irregularidades e incumplimiento legal. | Xornal Galicia

 

Plataforma pola Defensa do Centro de Saude de Seixo

?ARRANCA A RECOLLIDA DE SINATURAS EN MARÍN DA ILP EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA CUN ACTO SIMBÓLICO EN SEIXO

? Este foi o
primeiro acto para recoller sinaturas nas comarcas de Pontevedra e o Morrazo e na nosa Plataforma escollemos o Centro de Saúde de Seixo porque levamos máis de 13 meses botándolle un pulso á
Xunta contra os seus recortes e contra a idea de pechar centros de saúde no rural como o noso ??

? A xente respondeu moi ben. Ás 10:30 da mañá xa había persoas agardando para asinar ? e houbo persoas que viñeron a propósito. AGRADECID@S, VECIÑ@S ?
? Pincha no enlace para mirar todas as fotos.

?A recollida vai durar varios meses polo que non vai quedar atrás ninguén que queira colaborar ?Estaremos tamén:?no Centro de Saúde de Marín?no mercadillo dos xoves?no mercadillo do
Cantodarea?nas parroquias?e en cantos sitios poidamos ➡️ Iremos informando aos poucos das datas e lugares concretos.

?? Como esta iniciativa nace de todas as plataformas galegas
a idea é coller cantas máis sinaturas mellor en cada concello para entregar no Parlamento Galego todas xuntas ? Temos que conseguir un
mínimo de 10.000 sinaturas válidas, de galegas e galegos maiores de idade, para
 forzar á Xunta a debater a grave situación da sanidade pública e a tomar medidas.

ℹ️ Se queres colaborar coa recollida de sinaturas contáctanos polas nosas redes ou no 699484676. Todas as mans suman ?? Seguiremos informando porque isto non fixo máis que comezar. ??? ???? ???́?? ??? ?? ????❗️

? Coma sempre, dalle a gústame ?? e comparte, para que chegue a máis xente! Xunt@s, somos máis fortes!

https://www.facebook.com/105209305161652/posts/pfbid02Hhh5pNCMf1AKioWV8wqjaSiq8nnVzQ5CPoZMggaKqPBB2ft2D62XqEvowAFPYfgal/

social youtube xornalgalicia   feed-image