Imprimir

A Consellaría de Sanidade acelera o desmantelamento da Atención Primaria presencial en Galicia

Información
Sergas | 28 Febrero 2022 | 1218 votos

Feijóo utiliza a su prima Eloina Núñez para tener controlado y dirigido el  supuesto Comité de Sabios que asesora a la Xunta. ¡ manos arriba, que nadie  se mueva ! | Xornal Galicia1.- Tras recortar orzamentos e persoal, pechar Centros de Saúde, limitar o acceso aos mesmos ou reducir as consultas presenciais, o Conselleiro de Sanidade anuncia agora o “peche dos Servizos de Urxencias de Atención Primaria.

 

2.- A Xunta pretende que a atención ás mesmas, realícense por vía telemática, o que supondrá un grave risco para as persoas que requiren atención inmediata e unha barreira infranqueable para as persoas maiores incapaces de usar as novas tecnoloxías de comunicación.

3.- Anuncio para iso a contratación de enxeñeiros e outro persoal informático en lugar de mais persoal sanitario para garantir a asistencia nos Centros de Saúde. O SERGAS necesita 500 novos médicxs, 800 enfermeiras, 300 administrativxs, 270 psicólogxs ou 2.000 Fisioterapeutas (nestes dous últimos casos para equiparamos ás medias europeas).

4.- Ante a falta de profesionais en diferentes lugars de Galicia, o PP sigue facendo concertos ca sanidade privada (algúns ilegais como denuncia o Consello de Contas de Galicia).

5.- As conclusións do Consello Técnico de AP de Galicia, están nun caixón, e o PP non quere aplicalas, manifestando medidas (en contra de todxs) que non melloran ningún dos problemas tan importantes que ten a AP en Galicia.

6.- Por ultimo o responsable da Sanidade Galega afirma de maneira textual que o SERGAS adquirirá novo aparataxe tecnolóxico para favorecer o negocio das empresas que o fabrica.

Parece clara a aposta por un modelo de Atención Primaria no que a poboación relacionaríase cos centros de atención primaria por teléfono ou ordenador, sen posibilidade de contacto directo co persoal sanitario. Isto, ademais de irracional e perigroso para a saúde, está destinado a favorecer o negocio das empresas fabricantes de productos tecnolóxicos e a contratación de seguros privados pola poboación.

Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, seguiremos denunciando as “ocorrencias” do PP en materia sanitaria, sin apoio de ninguén e desoíndo as recomendacións dxs expertxs do Consello Técnico.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública  

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Sergas
Visto: 1218