Imprimir

O GRUPO SOCIALISTA ACUSA AO PP DE PERPETRAR UNHA “GRAN ESTAFA AMBIENTAL” NO PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME

Información
Hoy es noticia | 21 Octubre 2022 | 1607 votos

Pablo Arangüena 201022 02Pablo Arangüena advirte de que logo de 25 anos “non foron quen” de aprobar o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque que debera estar vixente dende 2003 e sen o cal non hai protección real das fragas

 

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022. O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, acusou hoxe ao PP de levar a cabo unha “gran estafa ambiental” no Parque Natural das Fragas do Eume. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que aprobe o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque, que debera estar vixente dende 2003 según a lei, pero que continúa inédito dende que aprobaron a declaración do parque natural hai 25 anos, proposición que foi rexeitada polo PP.

Arangüena esixiulle ao PP que “deixen de estafar á cidadanía en materia medioambiental” e “comecen a protexer o Parque Natural das Fragas do Eume antes de que sexa soamente un gran eucaliptal”. Denunciou o desleixo da Xunta na protección e posta en valor deste espazo natural que debera estar protexido pero que padece “constantes agresións medioambientais”.

Lembrou así o gran incendio do ano 2012, que derivou na promesa incumprida dun plan de recuperación “do que nunca máis se soubo”, ademais dos reiterados episodios de contaminación do río Eume, entre eles o rexistrado en 2021, ou a práctica desecación durante décadas dun tramo de 4 quilómetros de río pola empresa Endesa, un “atentado ecolóxico ante a pasividade da Xunta”. Destacou que a superficie de eucalipto aumentou un 20% so entre os anos 1997 e 2011, en detrimento do bosque autóctono.

Sinalou ademais que a estrada que bordea o Eume ata o mosteiro de Caaveiro “convértese cada fin de semana nun trasiego constante de coches, mesturados cos sendeiristas que percorren a estrada. Unha situación insólita nun país civilizado que podería resolverse se a Xunta aceptara o aparcamento disuasorio ofrecido hai anos polo concello de Pontedeume.

O responsable socialista urxiu ao goberno galego a impulsar o dito Plan Reitor coa “máxima participación e nivel de consenso posible, especialmente cos propietarios e concellos afectados”. Reclama que esta figura priorice a conservación e mellora dos valores ecolóxicos do parque, e a eliminación progresiva das especies foráneas, que están a converter o que fora bosque autóctono nun novo eucaliptal.

Tamén reclama que a Xunta compense aos propietarios dos terreos dentro do parque, afectados polas restricións de usos, e a creación de espazos de aparcamento disuasorio que eviten o tránsito de vehículos pola estrada que leva a Caaveiro, así como a limitación do acceso e a priorización do acceso peonil ao parque.

Destacou que as únicas limitacións establecidas no parque a día de hoxe son unhas poucas xeralidades como “non facer lumes, non realizar vertidos, non acampar fora das áreas delimitadas e non circular fora das estradas e pistas forestais”, pero na práctica o parque natural está completamente desprotexido.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1607